Encontro de Artistas Novos. Cidade da Cultura
junio 19, 2011 por xavier
Inscripción: hasta el 15 julio
www.cidadedacultura.org/programacultural
A Cidade da Cultura ábrelles as súas portas aos creadores mozos nacionais e internacionais para manter un diálogo construtivo sobre a arte contemporánea. O complexo cultural convértese así en escenario de intercambio e reflexión sobre aspectos esenciais da creación artística e aspectos más concretos relacionados coa construción dunha obra e a súa proxección no mundo real.
Os obxectivos establecidos son os seguintes:
- A convivencia entre artistas novos galegos e procedentes doutroslugares.
- Percorrer e debater a situación actual da Arte Contemporánea.
- Proporcionar un espazo de encontro e intercambio de coñecementos e ideas.
- Proporcionarlles aos seus participantes un lugar de acceso directo a artistas e obras consolidadas.
- Darlles a coñecer aos participantes as principais infraestruturas do territorio galego dedicadas á arte contemporánea.
Co fin de fomentar a convivencia entre os distintos participantes é condición necesaria a obtención dunha das 100 prazas que convoca a Fundación Cidade da Cultura para axudar aos artistas mozos a abrir novas vías de difusión para as súas obras e ofrecerlles un espazo de coñecemento, de reflexión e de intercambio de ideas.
Ademais, dentro do programa realízase o “Foro Aberto”, onde lles damos a 30 creadores mozos a oportunidade de expoñer publicamente os seus propios proxectos artísticos.
Cada xornada celébranse tamén conferencias con recoñecidos actores da Arte Contemporánea, para o enriquecemento dos novos creadores.
Nesta primeira edición participan destacados axentes culturais como o prestixioso historiador da arte Rafael Doctor Roncero e Ignacio Santos Cidrás, director de Acción Cultural da Cidade da Cultura; Miguel von Haffe, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC); David Barro, comisario independente e director da editorial Dardo-ds; e Iñaki Martínez Antelo, director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)..
Damos desde aquí a benvida aos participantes que forman parte deste proxecto anual que se encadra nas accións da Fundación Cidade da Cultura destinadas a dinamizar a actividade artística en Galicia.
+Info: Programa | Bases | Boletín subscrición
Visita ás exposicións: 8:30 a 14:30 h. / 16:00 a 20:00 h. / Todos os días da semana.
Visitas guiadas: 12:30 y 18:30 h. / Todos os días excepto luns / Saída dende o Punto de Información (Espazo On). Non é preciso reservar praza.
Visitas para grupos: concertar data en visitas@cidadedacultura.org / tlf: 881 997 584.
Conexións en autobús dende o centro de Santiago: Liña C-9 de luns a venres / Liñas C-5 e C-6 fins de semana. Descargar itinerario de autobuses en formato PDF.


Comentarios